universo Seoane
DENTRO DO LABORATORIO

Como xurdiu
Laboratorio Escóitasme?

O 14 de marzo de 2020, decretábase o estado de alarma en todo o país. A pandemia do COVID19 chegara até as nosas cidades e ía incidir na nosa vida con cambios que aínda non éramos capaces de imaxinar. Estabamos (e estamos) asustados e perplexos; dispostos a seguir as ordes de confinamento e a construir o futuro con novos hábitos para preservar a saúde, a economía e todo o que entendíamos que forma parte dun sistema social que mudou instantáneamente. E cremos que foi o sustantivo “instantáneo” o que de algún xeito deu lugar ao que sería unha acvidade didáctica que tiña tantas incertidumes coma encanto.

Plantexamos Laboratorio Escóitasme? para quince días, fixemos unha difusión en redes e enviamos mensaxes ás familias que acudían aos nosos obradoiros.

Laboratorio Escóitasme? púñase a funcionar sete días despois de que confinasen a todo o territorio español. Pensabamos en ofrecer unha actividade durante 12 días… chegamos a 52 sesións ininterrumpidas ao longo de 10 semanas. Excepto o domingo, tódolos días eran Laboratorio Escóitasme?

a exposición

Con todo o material realizado por artistas e parcipantes e coa aprendizaxe pedagóxica xerada, plantexamos agora unha exposición do proxecto en dúas salas da Fundación.

Na planta baixa, un perímetro de mesas recollerá cada unha das propostas lanzadas polos artistas e os resultados obtidos. Son traballos que materializáronse en diferentes formatos. Cada artistas terá o seu espazo no que aparece explicitado cal foi a proposta; os traballos dos participantes son o material da mostra. E as obras de Seoane o guión do que partiron.

Na planta superior, un diario que recolle día a día unha noticia escollida das que aparecían nos medios de comunicación durante ese tempo no que estivemos recluidos nas nosas casas. E un skyline do que descenden as franxas dese skyline cara a planta baixa, amosando os “palabros” e intervencións dos 52 días de encerro. Nesta planta superior levaranse a cabo as actividades didácticas (máximo de 25 asistentes) que están conformadas polos 25 retos propostos.

Haberá, deste xeito, un plantexamento didáctico “á carta”, tanto para grupos de colexios coma para aqueles visitantes que desexen participar; esta vez de xeito analóxico.

Calendario de eventos

Calendario de eventos

M Lun

T Mar

W Mér

T Xov

F Ven

S Sáb

S Dom

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

0 eventos,

ARTISTAS CONVIDADOS
todos os nosos ARTISTAS CONVIDADOS

Así, o 21 de marzo, día Internacional da Poesía, leíamos poemas de Seoane e lanzabamos o primeiro reto para o día seguinte: unha poesía visual, un conxunto de rimas ou unha poética libre serían os primeiros traballos para o día seguinte. E coma os versos elexidos de Seoane eran unha oda aos emigrantes galegos, pedimos que se fixera unha xenealoxía familiar no que se reflecse a intrahistoria de cada un de nós que, de un xeito imprevisto, non podíamos movernos de donde estábamos confinados.

Así comenzou Laboratorio Escóitasme?, un proxecto que foi plantexado coma unha actividade infantil e xuvenil e acabou sendo “un encontro de familias”.

En paralelo aos retos creativos, saltaba tamén a idea de construir novos significados que a propia corentena obrigaba a repensar.

Xurdía así a idea de construir “palabros” que nenos e adultos propuñamos case sen querer. Deste xeito teríamos un novo obxecvo de, ademais de ser capaz de acadar o reto, deberíamos darlle unha imaxen ao “palabro” inventado. O primeiro foi INXILIO.

os nosos momentos

boletín de
subscrición